martes, 18 de marzo de 2014

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. TEMA: A AUGA

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - RESIDENCIA CIFP A GRANXA



CURSO 2013-14


Como sabemos da gran afición fotográfica que teñen algúns alumnos da residencia, convocamos este novo concurso. O tema vai ser:   
A AUGA

En todalas súas manifestacións, sólida, líquida, gaseosa, doce, salgada… Este outono-inverno a tivemos tan
abondosa, que seguro teremos moitas instantáneas fermosas.

As imaxes, serán enviadas a: crdagranxa@gmail.com
Deben ter un título e  subirémolas ao blog da residencia, sen facer constar o autor/a.
A data límite de entrega será o 30 de marzo e admítense ata 3 fotografías por persoa.
As votacións realizaranse a través dos comentarios no blog.


ÁNIMO E SORTE

No hay comentarios: