miércoles, 26 de marzo de 2014

ACTIVIDADE: CONSTRUCCIÓN DE ZANCOS

Durante o mes de febreiro levouse a cabo na Residencia unha actividade que consistiu na montaxe duns zancos de Madeira. Foi solicitada polos alumnos co obxectivo de utilizalos na festa de Carnaval.


Os alumnos cortaron os listóns de madeira, segundo a medida de cada un, así como a colocación do soporte. A continuación uniron as pezas mediante parafusos. Unha vez realizado isto, utilizaron a caladora e o trade eléctrico. Posteriormente pasaron a fase de pulido.


Resultou unha actividade moi entretida, e para algúns, era a primeira vez que ulitizaron unha caladora e unha pulidora. Participaron 10 alumnos.

A continuación mostramos algunhas imaxes:
Esteban, Tania e Ismael Miñan.

Cynthia e o profesor Juan José

No hay comentarios: