martes, 10 de junio de 2014

APORTACIÓNS PERSOAIS AO BLOG


Nestas datas que os alumnos residentes de segundo curso estades a piques de ir a Prácticas, queremos que deixedes algo persoal para publicar no blog da residencia. Os alumnos de primeiro tamén estades convocados, pero tedes ata fin de curso.



Como xa comentamos con algúns, trátase de que plasmedes algo relacionado cos  estudos, que por calquera motivo vos impacte, lle teñades especial cariño ou rabia… Isto é, unha árbore, arbusto, flor, animal, variedade de uva, receita dun licor, un fungo ou un insecto praga predilecta ou odiada. Aquilo ao  que lle queirades rendir unha pequena homenaxe.
 A presentación pode ser descriptiva, a nivel científico (neste caso convén aportar tamén unha imaxe) ou artística (debuxo, pintura ou poesía).


Debedes envíalas a seguinte dirección de correo:


  ANÍMOVOS RECORDANDO O POEMA DE ANTONIO MACHADO:

A un olmo seco

A un olmo viejo, hendido por el rayo
y en su mitad podrido
con las lluvias de abril y el sol de mayo
algunas hojas verdes le han salido....









No hay comentarios: