martes, 17 de septiembre de 2013

Despedida - a miña última publicación por este curso escolar que comeza....

Ola a todos e todas os que nos consultades a cotío!
Dicirvos que este ano non seguirei eu actualizando a bitácora, comeza para min unha nova fase neste curso escolar 2013-14 dando clase en ciclos de FP noutro centro moi preto de aquí.
Aos que seguides na residencia, dicirvos que moita sorte e moito ánimo para rematar os vosos estudos! E que vos portedes ben, coma sempre vos digo! Espero poder facervos algunha visitilla algún día!
E aos que xa remataron, moita sorte co voso futuro profesional! E espero volvervos a ver a todos/as!
Un saúdo.
Eva Cortegoso.

No hay comentarios: