A
Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos
mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao
teu alcance a obtención do carné de conducir.
Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos:
- Es titular do carné xove
- A túa unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalados na
orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade
familiar).
- Estás matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o
carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste
ano)
PODES OBTER UNHA AXUDA DE 250 €!
Consulta a convocatoria aquí |
No hay comentarios:
Publicar un comentario