martes, 6 de agosto de 2013

O Concello de Lugo convoca as seguintes prazas para a defensa contra incendios forestais:

- 2 xefes/as de brigada

- 10 Peóns forestais

Anuncio e bases das convocatorias: http://bit.ly/15DgWRP (páx. 13 a 21).

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir de mañá 7 de agosto.

lunes, 5 de agosto de 2013

Validacións de créditos e mateiras na Universidade para titulados en FP de grao superior

Asinado o 9 de xullo de 2013, o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a  Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a  Universidade de Vigo para o recoñecemento da correspondencia entre ciclos formativos de grao superior da formación profesional inicial e materias de estudos universitarios.

domingo, 4 de agosto de 2013

1 XEFE BRIGADA EXTINCIÓN INCENDIOS


Convocatoria Concello de Santa Coma: 1 praza de xefe Brigada contra incendios (Correo Gallego 03/08/2013.

O Prazo finaliza Maña luns 5 de agosto!

viernes, 2 de agosto de 2013

XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón


dodroO Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega,convoca a XXVI edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.
Poderán concorrer a este certame as/os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.
Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital.
O prazo de presentación das obras remata o día 4 de novembro do ano 2013.
A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros.
Máis información: http://www.concellodedodro.org/premio-de-poesia-elb

Tasas Universitarias Curso 2013-2014


Conselleria_culturaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2013/14.
Maís información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130802/AnuncioG0164-240713-0009_gl.pdf

Xplora Xuventude: Ampliación Concellos


ImaxeXplora