miércoles, 26 de marzo de 2014

ACTIVIDADE: CONSTRUCCIÓN DE ZANCOS

Durante o mes de febreiro levouse a cabo na Residencia unha actividade que consistiu na montaxe duns zancos de Madeira. Foi solicitada polos alumnos co obxectivo de utilizalos na festa de Carnaval.


Os alumnos cortaron os listóns de madeira, segundo a medida de cada un, así como a colocación do soporte. A continuación uniron as pezas mediante parafusos. Unha vez realizado isto, utilizaron a caladora e o trade eléctrico. Posteriormente pasaron a fase de pulido.


Resultou unha actividade moi entretida, e para algúns, era a primeira vez que ulitizaron unha caladora e unha pulidora. Participaron 10 alumnos.

A continuación mostramos algunhas imaxes:
Esteban, Tania e Ismael Miñan.

Cynthia e o profesor Juan José

martes, 18 de marzo de 2014

FOTOGRAFÍA. Concursante nº 1

Subimos as fotografías que nos achega o concursante nº 1. As votacións teñen que ir nos comentarios, facendo referencia ao título da foto.
OCÉANO ESPUMOSO

AGUA NUEVA, PUENTE VIEJO

PAISAJE FLUVIAL

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. TEMA: A AUGA

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA - RESIDENCIA CIFP A GRANXA



CURSO 2013-14


Como sabemos da gran afición fotográfica que teñen algúns alumnos da residencia, convocamos este novo concurso. O tema vai ser:   
A AUGA

En todalas súas manifestacións, sólida, líquida, gaseosa, doce, salgada… Este outono-inverno a tivemos tan
abondosa, que seguro teremos moitas instantáneas fermosas.

As imaxes, serán enviadas a: crdagranxa@gmail.com
Deben ter un título e  subirémolas ao blog da residencia, sen facer constar o autor/a.
A data límite de entrega será o 30 de marzo e admítense ata 3 fotografías por persoa.
As votacións realizaranse a través dos comentarios no blog.


ÁNIMO E SORTE

jueves, 13 de marzo de 2014

MERCADO ECOLÓXICO

O domingo 16 de marzo celebrarase en Bueu o III mercado de produtos ecolóxicos e estacionais. Ahí deixo o enlace da súa páxina de Facebook
 https://www.facebook.com/mercadoecoloxicobueu.bueu?notif_t=fbpage_fan_invite

Como nas xornadas anteriores, parece moi interesante.

lunes, 10 de marzo de 2014

TALLER ECOLÓXICO: RECICLANDO PAPEL

Seguimos coas actividades na Residencia. Durante xaneiro e febreiro, adicamos algunhas tardes a reciclar papel. O proceso é como seguinte:

PRIMEIRO DÍA:
  1. Facer tiras de papel e logo cachiños.
  2. Poñelo en auga quente, cubrindoo.
SEGUNDO DÍA:
  1. Pasar a batidora a mistura anterior ata que se faga unha pasta.
  2. Nun balde grande ir votando auga e pasta, segundo o groso que desexemos facer o papel.
  3. Coller unha cantidade de pasta e facela esparcir no bastidor de malla (cribo).
  4. Deixar escurrir.
  5. Dispoñer dun pano absorbente con un trapo de algodón encima.
  6. Voltear a pasta escurrida sobre o anterior.
  7. Polo outro lado absorber a auga sobrante con outro pano absorbente, ata que poida retirarse o cribo.
  8. Colgar e deixar secar un ou dous días, nunha corda e suxeito con pinzas.
MATERIAL NECESARIO
  • Papel
  • Auga
  • Cubo
  • Balde grande
  • Panos absorbentes e trapos de algodón
  • Pinzas e corda
Pariciparon Bárbara, Adrián Silva, Esteban, Miriam, María, David Rodríguez, Benigno, Sergio, Ángel e Raquel.
Estas son algunhas imaxes do primeiro día:
Cribado da pasta


Secado 1
Secado 2

Secado 3