martes, 18 de febrero de 2014

Axentes Forestais

Información sobre convocatorias de Oposicións a Axente Forestal
http://www.canaloposiciones.com/ultimas_oposiciones_agente_forestal-pro73ap1.htm

Actividades de Ocio e Tempo Libre na Natureza

Deixamos un enlace a Actividades de Ocio e Tempo Libre na Natureza, inclúe Rappel, Paintball, Escalada, Rutas a cabalo, etc.
http://www.doblezona.com/actividades/36

ACTIVIDADE DE CESTERÍA

Continuamos as publicacións no blog da Residencia do Cifp A Granxa e comentaremos as actividades que se levan a cabo neste curso 2013/14.
A primeira delas foi "TALLER DE CESTERÍA TRADICIONAL DE FOLLATOS"  e comezou no primero trimestre, o 21 de novembro.
Os follatos son as follas que recobren a mazorga -espiga de millo-
  Zea mays http://es.wikipedia.org/wiki/Zea_mays

Con este material facíanse hai algún tempo colchóns nas casa máis humildes, e tamén cestos pequenos para recoller a froita ou para calquer outra actividade doméstica.
A técnica é moi sinxela, e apréndese moi rápido. Hai que recoller as follas máis pegadas a mazorga no momento en que están secas, coincide coa colleita. Deben manterse en lugar seco e aireado para que non desenrolen fungos. No momento de empezar a facer os cestos deben prepararse eses follatos en forma de láminas rectángulares, máis largas que anchas (12-14 cm de largo por 1,5-2 cm de ancho). Ditas láminas teñen que humedecerse para que poidan manipularse mellor. Vanse facendo nudos engarzando en cada volta novos follatos. O resultado son cestos redondos ou ovalados con aspecto rústico e moi decorativos.
Grupo de alumnos da residencia empezando o taller



Facendo o cesto